lunes, 8 de diciembre de 2008

"Existen dúas maneiras de ser feliz nesta vida, unha é facerse o parvo e outra selo"


Bos días amigos.

Psicoanalizándovos doume de conta de que estades intregados pola frase do título desta entrada. Pertence ao meu querido amigo Freud, pero nesta ocasión adaptareina a situación, autopsicoanalizareime pois para converter esta frase e convertila no ser deste meu pensar, desta miña situación emocional actual.
Existen dúas maneiras de traballar nun día festivo nesta vida, unha é facerse o parvo e pasar de todo e a outra selo e poñerte a traballar...

Hoxe, día tristeiro de inverno, longa mañá de traballo. A resaca dos días anteriores parece restar nos seus efectos (ou causas?) despois de psicoanalizar físico e verbalmente ás miñas compañeiras e compañeiro de reparto nesta andaina informática.

Comezamos tratando os puntos (des)culturais a tratar na que algún día será a nosa páxina web (soa ben, noto que Mary está un pouco perdida, debe ser o seu novo tinguido, ou quizais ese sono que tanto se lle repite nas frías noites de inverno que, por segredo profesional non desvelarei). Decidimos pois que nos centraremos no cine (como non), na música, na literatura e na fotografía despois de rexeitar (obviamente) a postura de Tracy que, como ben podo apreciar e, a pesar de querer aparentar madurez, non deixa de ser unha nena, unha nena estúpida cuxa sangue esta inxectada de hormonas que non paran de rebulir no seu corpo (porque senón ía sair con Isaac?).

Pero non pensedes que o discutir á hora de traballar é malo, pois como ben dixo un dos meus mellores amigos e máis admirados compañeiros de traballo "se dous individuos están sempre dacordo en todo, podo asegurar que un pensa polos dous..."

Tamén decidimos parcial e provisionalmente que ou quenes serán o obxecto da nosa parodia en cada unha das seccións.

Un adianto? O código da Vinci (escollido por Isaac... quizais porque nel un vello se namora dunha moza e viceversa... nin que dicir que tenta buscar unha excusa ante as miñas constantes psicoanálises) ou Scream (terá Jill instintos asasinos de cara ó seu ex compañeiro sentimental? Sinceramente, si).

Sen maís, aquí está o voso psicoanalista para calquera problema.

UN SAÚDO DENDE A GRAN MAZÁ.

2 comentarios:

Daniel dijo...

Interesante e profundo psicoanálise, sempre agradable nesas longas mañás de traballo (pre)invernais.

Gústame a idea da parodia do Código Da Vinci, supoño que presta á parodia.

Un saúdo!

P.D: por certo, teño escoitado que as mellores reunións son as de número impar inferior a tres, todo é cuestión de probar. :)

Sabela dijo...

en la encuesta quería votar por Cribeiro como Woody Allen, me parece que está muy bien caracterizado (porque me matareis pero todavía no he visto la película. en navidades, en navidades!)