Mostrando entradas con la etiqueta puntuacion web marotlo deseño ruben. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta puntuacion web marotlo deseño ruben. Mostrar todas las entradas

viernes, 27 de marzo de 2009

Puntuacións das web. Por Rubén

Boas noites, queridos compañeiros.
Aquí estou eu pensando, porque teño que puntuar o traballo dos meus compañeiros?
Son as dúas da noite e non se me ocorre outra cousa... alá van pois as puntuacións aínda que antes de nada me gustaría felicitarvos a todos polos resultados e polo traballo que sei que fixéstedes. :)

Empecemos con RADIOACTIVOS: 8,25
  • Tema pouco explorado.
  • Deseño simple e atractivo polo directo que é respecto do tema
  • Facilidade de navegación: a páxina entra na pantalla principal e nunca hai que utilizar a barra.

  • A falsedade do "En este momento puedes escuchar..." xD
  • Que nunca sabes se a información a que queres acceder a vas ver na propia páxina ou che vai entrar noutra páxina. Algún enlace non funciona.
  • A cor azul da cope non pega cos tonos marróns do portal.
QUETEQUEROO: 9,75

  • Todo o proxecto en sí: o resultado de todo o ideado. O deseño e as súas cores, tipografías, as imaxes, os textos...
  • Tratalo tema (e tódolos seus subtemas...) de xeito desenfadado e sen ningún tipo de tabú.
  • Que se fixese integramente usando flash.

  • Que non poida ter continuidade (ou si?).
  • Sería máis "eficaz" se todo o contido se puidese visionar nunha pantalla sen a necesidade de utilizar a barra.
  • A pouca axuda do Dr. Amor, non todos temos unha vida amorosa perfecta... (tamén e certo que os problemas...)
TUTTI FRUTTI: 7

  • O contido está currado (a pesar de que non escoitaría unha canción deste grupo na vida).
  • A estructura está clara polo que a navegavilidade é sinxela e podemos acceder ao que queiramos de maneira moi directa.
  • Incluír un formulario (aínda que teña certos problemas para lerse).

  • O deseño: moita contraste entre as cores, cabeceira pixelada, tipografía excesivamente seria para o tema...
  • O prezo das camisetas, os vosos nomes (whaaaat??) xD. O de Jabalí Club non se perdoa...
  • Que o video non se poida ver directamente dende a web.
KEN AND THE DOLLS: 9,75

  • O deseño verdadeiramente atractivo e a veracidade que rodea o proxecto: creación da música, estética, myspace, creative commons...
  • O aspecto máis técnico: tipografías, imaxes!!!
  • Crea una bola, cambia la iluminación, Y verás que surge una interpolación, Franflashh!!!!!Pon más fotogramas y si tienes un botón, En un par de días ya habrás hecho un motor!!Franflash!! Franflash!! uuhhhh. Grandioso.

  • Por poñer algunha... a sección de novas é demasiado simple. Algunha foto podería acompañar as novas.
  • Que o grupo comezase en Perlío e non en Arca, que The Dolls non se decidan a seguir a súa carreira en solitario.
  • Ao igual que QUETEQUEROO que o proxecto non siga adiante. (Esperemos que si!)
ZAPA: 8,75

  • O deseño (aínda que non estea centrado).
  • O menú.
  • O traballo de fotografía.

  • A sección de novas non vai moi acorde co deseño.
  • A imposibilidade da continuidade neste dominio para este músico real!
  • Algúns problemas con textos moi pegados ou situados sobre as imaxes.
MINIMALAB: 8,5

  • O deseño atractivo dacordo co tema.
  • A claridade da estructura que da un facil acceso a calquera sección.
  • As imaxes: velas en tamaño maior cando o rato se sitúa encima da pequena.

  • Que cando remate a conta atrás non pase nada.
  • Que (cando menos no Firefox) teñas que utilizar a barra para ver a cabeceira.
  • A sinxeleza de contidos.
OITENTEROS: 7,5

  • Os recordos.
  • O video, o video, o video... xD. E os contidos.
  • Algúns dos menús secundarios como o de series e debuxos.

  • O deseño, aínda que oitentero, non me acaba de convencer.
  • Demasiadas tipografías diferentes.
  • Que os elementos multimedia non estean integrados dun xeito mellor no portal.
AO LIMITE: 7

  • Temática interesante.
  • O bo uso do flash.
  • Hai vida despois das pizzas!! E da pasta con salsa de tomate e atún!

  • Todo e excesivamente grande e un pouco caotico.
  • Hai que andar movéndose continuamente coa barra.
  • O fondo.

GUIONIZA: 7

  • Os post-it (aínda que lle falta a opción de anterior)
  • O contido e a información.
  • Que Scarlett Johanson será unha "amazona luchadora"

  • Demasiado estática.
  • Que non se pasen as follas do caderno.
  • Que os guións se abran nunha nova ventá.


WONDERFUL 5: 7,75

  • Tipografía, estilo e cores.
  • Facebook!
  • Os perfís de cada un e as imaxes.

  • Falta duns marcos que delimiten o contido.
  • O menú/menús: nunca está claro se van a estar ou non, onde. Moi grande.
  • Que nunca máis volverei a escoitar a canción. Aínda que se poida deter (non sempre aparece no mesmo sitio) o principio ralla de cojones...
ARTESALA: 8,5

  • Saber reutilizar o tema da parodia e crear uns contidos interesantes.
  • O (abundante) uso de flash e photoshop.
  • Estructura clara e facilidade para moverse dun sitio a outro.

  • A pixelización das imaxes, a calidade da música.
  • Que apareza descolocadísimo en Explorer, moi descolocado en Firefox e ben no Safari! (un problama certamente alleo a nosa sabiduría...)
  • Tanto flash tamén pode aburrir...¬¬